Os fogares gastan un 0,4% máis en servizos TIC

Os fogares gastan un 0,4% máis en servizos TIC
Data
24/11/2011

martinm
11.9999

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

st1\:*{behavior:url(#ieooui) }

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

O Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade Información (ONTSI) vén de presentar a XXXII vaga do seu informe “Las TIC en los hogares españoles: Estudio de demanda y uso de Servicios de Telecomunicaciones y Sociedad de la Información”. Esta vaga corresponde aos meses de abril e xuño de 2011.
O gasto en servizos TIC realizado polos fogares españois no segundo trimestre de 2011 é de 3.357 millóns de euros, un -0,7% inferior ao gasto TIC realizado no trimestre anterior. Interanualmente, a cifra sitúase en doce millóns de euros máis que no mesmo período de 2010 (o que supón un incremento interanual do 0,4%).
Comparando os catro servizos analizados co trimestre anterior, telefonía fixa e Internet reducen o seu gasto en cinco e vinte e catro millóns de euros respectivamente, con todo, os mercados de telefonía móbil e TV de pagamento increméntano nun millón de euros para o primeiro e cinco millóns de euros para o segundo.
A relación prezo-utilidade percibida mellorou respecto ao terceiro trimestre de 2010. TV de Pago é o servizo con mellor relación prezo-utilidade percibida, xa que un 48,5% considera que recibe moito ou suficiente. Este servizo sufriu un incremento de 1,5 p.p. Internet é o segundo servizo con mellor cociente prezo-utilidade percibida, experimenta un incremento de 1,8 p.p., o 47,7% opina que recibe moito ou abondo.
A penetración da telefonía fixa nos fogares mantense este semestre nun 81,8%. O gasto total con respecto á vaga anterior descende un 0,5%, situándose en 933 millóns de euros. O gasto medio por fogar en chamadas ao trimestre, sitúase en 78,9 euros/fogar/trimestre, 0,5 euros menos que o trimestre anterior. Interanualmente é de 1,3 euros menos. Diminúe o número de minutos consumidos respecto ao trimestre anterior pasando de 9.413 a 8.576 millóns, unha variación do 8,9%. En termos de minutos mensuais por fogar, isto significa un descenso de vinte minutos para colocarse en 205 minutos por mes e fogar. A variación interanual dos total minutos consumidos é dun tres por cento.
Se diferenciamos o tráfico en minutos por telefonía fixa e móbil e comparámolo co trimestre anterior, baixa a media por fogar ao trimestre en fixa situándose en 615 minutos/fogar/trimestre (59 minutos menos). Pola contra para móbil aumentan os minutos de 388 a 403 minutos/fogar/trimestre (15 minutos máis).
Destácase o importante decremento no volume de chamadas metropolitanas con respecto ao trimestre anterior, pasando de 5.548 a 4.760 millóns de minutos, o que supón unha variación intertrimestral do -14,2%. Así mesmo, as chamadas interprovinciais acusan un decrecemento en millóns de minutos pasando de 1.651 a 1.464, unha diminución do -11,3%.
91,7% dos fogares ten polo menos un teléfono móbil. Máis de 32 millóns de persoas utilizaron a telefonía móbil no último mes.
O número de fogares con algún usuario de móbil sitúase en 15,6 millóns ( o 91,7%), trescentos mil máis que o último dato recollido no terceiro trimestre de 2010. O número de individuos con algún móbil activo sobe de maneira constante e colócase nos 32,1 millóns, despois de engadir cento vinte e dous mil usuarios. Isto corresponde ao 82,2% dos individuos de 15 anos e máis.
O gasto en telefonía móbil medrou case un 7% no último ano.
O gasto en servizos finais de móbil durante o segundo trimestre de 2011 mantense constante respecto ao trimestre anterior, pasando de 1.535 a 1.536 millóns de euros. Con todo a variación interanual reflicte un incremento de 1,9%. Diferenciando o gasto en prepagamento (405 millóns de euros) e contrato (1.131 millóns de euros), observamos unhas variacións de -1,5% (-6 millóns de euros menos) e 0,6% (7 millóns de euros máis ) respectivamente.
En termos de funcións do teléfono móbil, segue tendo unha posición alta o uso e desexo de usar funcións multimedia como a cámara de fotos, gravación de vídeo e reprodución de música (radio FM ou MP3). En canto a tecnoloxía de conexións, Bluetooth segue moi desexado ademais das mans libres do coche.
Dous de cada tres cidadáns de máis de 10 anos usaron Internet nalgunha ocasión. Case 6 de cada 10 fogares dispoñen de conexión a Internet.
O 59,5% dos fogares dispón de acceso a Internet (3,6 p.p. máis con respecto ao semestre pasado). O 65,1% dos individuos de 15 e máis anos accedeu a Internet nalgunha ocasión. Se o indicador fai referencia aos individuos de 10 anos e máis, a porcentaxe sitúase no 66,4%.
O 90,0% dos fogares con Internet teñen un acceso a través de Banda larga fixa. O 81,6% dos accesos de banda larga é por ADSL. O acceso a Internet por banda larga móbil nos fogares sitúase no 13,6%. 19,4 millóns de usuarios de Internet utilízano desde fai máis de tres anos, un 76,2%.
No segundo trimestre de 2011, o gasto total do servizo de Internet sitúase 617 millóns de euros. Isto supón 24 millóns de euros menos con respecto ao trimestre anterior, un descenso do 3,7%.
A evolución histórica do gasto medio mensual por fogar é decrecente, así mesmo para este trimestre baixa a 23,9 euros -IVE incluído-, un euro menos que trimestre pasado.
O lugar de acceso a Internet máis importante segue sendo o fogar (o 80,7% accede desde a súa casa). O acceso desde o traballo sitúase no 35,1% dos usuarios.
Entre os equipos utilizados para acceder a Internet obsérvase particularmente o aumento continuo do portátil (seis millóns de usuarios) e o despunte do uso de teléfono móbil para acceder (24,5%).
Os indicadores de uso, experiencia e expectativas con respecto a Internet mantéñense estables. Nos usos de Internet destaca unha subida de actividades relacionadas coa banca on-line, buscadores, consulta de noticias, correo electrónico e contido en streaming.
eAdministración
Cabe salientar que case dez millóns de individuos contactaron coa administración publica a través de Internet, aumentando en catrocentos vinte e tres mil usuarios respecto da vaga anterior deste estudo. Ademais, obsérvase un lixeiro aumento da preferencia de contacto coa Administración de maneira virtual.
En canto ao uso dos servizos ofrecidos pola Administración a través de Internet apreciouse un lixeiro descenso na consulta de información acerca de impostos, emprego público e bolsas de axuda. Doutra banda, aumenta a descarga de formularios para asuntos como certificados de nacemento e matrimonio e seguridade social.
Internet e saúde
Por último, o uso de Internet presenta un pequeno aumento para temas relacionados coa saúde. Este aumento acentúase en temas de información nutricional, prevención de enfermidades e institucións e servizos públicos.

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades