Os xornais dixitais gañan audiencia entre os medios de comunicación convencionais

Os xornais dixitais gañan audiencia entre os medios de comunicación convencionais
Data
28/02/2014

IAB Spain presenta o primeiro Estudo de Medios de Comunicación Online, que mostra o valor diferencial que aportan os medios de comunicación en liña para investir en mercadotecnia e publicidade. Neste eido, tamén o Estudo InfoAdex do Investimento Publicitario en España 2013 conclúe que Internet é o único soporte onde crece a publicidade en relación a outros medios convencionais.
Un 48,2% dos usuarios de Internet consultados por IAB Spain navega diariamente polos medios de comunicación dixitais. Entre eles, os xornais son os máis consultados cada día (44,8%) seguido dos portais temáticos e a radio en Internet.
O sector da publicidade ten unha oportunidade no entorno dixital para incrementar o seu impacto mediático. Un 90% dos internautas prestou atención algunha vez á publicidade en Internet. Os usuarios máis receptivos son os traballadores por conta allea e as persoas de 25 a 35 anos de idade.
Un estudo recente elaborado por ComScore destaca a boa saúde dos medios de comunicación dixitais, analizando os índices de audiencia dos xornais en liña a nivel estatal. Unha clasificación que encabeza o diario El País, con 14,7 millóns de lectores en xaneiro de 2014.
En Galicia, segundo a clasificación Alexa do último mes, encabezan a audiencia dos diarios dixitais La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Correo Gallego.
Pode consultarse o I Estudio de Medios de Comunicación Online na seguinte ligazón:
http://www.iabspain.net/wp-content/uploads/downloads/2014/02/Primer_Estudio_Medios_Comunicacion_Online_IAB_Spain_2014.pdf
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades