Un 64% das PEMES utiliza a tecnoloxía para diferenciarse dos seus competidores

Un 64% das PEMES utiliza a tecnoloxía para diferenciarse dos seus competidores
Data
24/01/2014

O estudo titulado “The connected future for SMEs” (O futuro conectado das PEMES), realizado entre máis de 1.700 pequenas e medianas empresas de seis países europeos, incluída España, destaca a confianza no investimento en TIC para a mellora da produtividade e a competitividade empresarial.
Vodafone afirma que durante o ano 2014 incrementará a adopción de servizos na nube “cloud computing” do 44% ao 60% por parte das PEMES, o que supón 16 puntos porcentuais máis nos próximos doce meses. Outras áreas de investimento en TIC estarán enfocadas á adquisición de teléfonos móbiles intelixentes, os servizos 4G e as tablets.
Un 82% das empresas enquisadas manifesta que obtiveron beneficios empresariais directos do seu investimento en TIC e un 88% destaca unha mellor atención ao cliente ao apoiarse nesta tecnoloxía.
O equipamento e os servizos TIC adquiridos polas empresas europeas incrementan en función do seu volume de traballadores/as e dos resultados económicos. As microempresas presentan unha menor implantación tecnolóxica, pero avanzan na  súa presenza en redes sociais e na dotación de servizos na nube.
 
Gráfica: Porcentaxe de implantación das TIC nas pequenas e medianas empresas. Fonte: Vodafone
Pode consultarse o estudo na seguinte ligazón:
http://www.vodafone.com/content/dam/group/media/downloads/A597-Vodafone-SME-digitisation-paper-final.pdf
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades