Informe baseado no análise dos resultados do módulo de novas tecnoloxías da "Enquisa estrutural aos fogares" do IGE, na edición 2023.
Conexión a internet nos fogares
En 2023 un total de 890.005 fogares galegos tiña contratada unha conexión de Internet, o que supuxo un incremento de 36.545 fogares desde 2020.
Os concellos que rexistraron o maior incremento na contratación deste servizo foron os de menos de 5.000 habitantes, cunha porcentaxe de 89,7% no 2023 (un 3,7% respecto ao ano anterior), o que supuxo un total de 3.815 fogares máis con internet contratada no último ano.
A dixitalización dos fogares
No 2023, o 79,1% do total de fogares galegos dispoñen de ordenador de sobremesa, portátil ou tablet. O maior crecemento é observado na presenza dos ordenadores portátiles, un 1,7% máis que o ano anterior, e que están presentes no 61,1% dos fogares galegos.
Ademais, o 27,8% dos fogares galegos dispoñen dalgún dispositivo electrónico intelixente, o que supón un incremento relativo do 59,7% respecto ao ano anterior. Tamén aumentan nun 50% os dispositivos de seguridade con conexión a internet, nun 20,2% os altofalantes intelixentes e nun 12,6% os fogares con smart tv.
A dixitalización da cidadanía
O número de internautas aumenta 2,5% respecto ao ano anterior. O 91,5% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, o que implica un incremento de 70.070 internautas nos últimos catro anos.
Usos de internet
Respecto ao uso da rede en 2023, un 63,9% dos galegos e galegas realizou compras por internet, 5,3% máis que o ano anterior. Esta porcentaxe increméntase ata o 90,6% entre os mozos e mozas con idades entre os 25 e 34 anos.
O 98,5% dos galegos e galegas que emprega internet usa mensaxería instantánea; o 88,6% busca información sobre bens e servizos; o 86,6% recibe ou envía correos electrónicos , o 81,7% le noticias, xornais ou revistas en liña, un 79,6% realiza chamadas por internet ou videoconferencias; e un 78,4% emprega a banca electrónica.
Ciberseguridade
O 63,1% das persoas que usaron Internet nos últimos 12 meses actualizan periodicamente automaticamente ou de xeito manual, algún dos seus produtos de seguridade. O estudo sitúa nun o 14,4% a porcentaxe dos internautas galegos que sufriron algún incidente de ciberseguridade no último ano.